Cape Verde Islands

Wednesday 21.08.2019

 
 
Buscar temas sin respuesta | Ver temas activos

Nuevo tema Responder al tema  [ 2 mensajes ] 
Autor Mensaje
 Asunto: Búscando a Natercia
NotaPublicado: Lun Jul 06, 2009 1:52 pm 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: Jue Jul 02, 2009 12:29 pm
Mensajes: 2
Ubicación:
Se alguén sabe algo de Natercia
Se alguén pode darme algunha nova
Chamarme
Por favor
O meu móvil é: 351 676842596 de España

Susú

Logo de 10 anos escribín un romance
A protagonista é Natercia
Gustaríame que o leese
Por iso estou a procura de ela
SOS
Busco a Natercia

Chega un momento en que volvemos os ollos atrás
Hai cousas que puideron ser e non foron
¿Estamos a tempo para trocar?
¿Merecemos unha segunda oportunidade?
Quixera decirllo
Busco a Natercia

Perder un amigo/a é morrer un pouco.
As veces non tomamos conciencia delo até que pasa.
Vivín en Lisboa e a comunidade caboverdiana foi quen mellor me acolleu.
Fixen bos amigos que perdín cando marchei.
Quixera recuperalos.
Entre eles a Natercia.
Parecía unha muller normal. De carácter aberto gostaba de bailar, nada novo nunha caboverdiana. Cociñana ben. De profisión perruqueira traballaba en calquera cousa. Eu pinto e un día que lle propusen facelo fíxoo seguramente mellor ca eu. Levoume con amigos e gracias a todos eles paseino ben.
Se cadra como galego, raza de emigrantes, souben o que significaba ser caboverdiano en Portugal, polo menos hai dez anos. Sempre hai un racismo encuberto do que non se fala por que é incómodo. Se cadra por tudo iso confraternicei coas xentes dunha comunidade que me trasmitiron a alegría da vida.
Sempre recordarei a todos.
Natercia foi quen me presentou á xente caboverdiana.
En pouco tempo terei unha exposición de cadros en Lisboa. Daquela quixera dar con Natercia. Ela, máis que ninguén merece ser a invitada especial.
Por iso procuro a Natercia.
Si algún podedes axudarme, gracias.

¿Pódese sentir saudades do nunca visto?
Natercia falábame do seu pais
Concretamente dunha illa verde, Brava
Nunca estiven en Cabo Verde
Gostaríame visitar as illas
Saudade é un estado de ánimo. Desexos dun tempo, du nha imaxe, dun sentimento.
Saudade é tamén unha morna, na praia, na noite.
Fundamentalmente saudade é sentir a falta de alguén.
Procuro a Natercia

¿Volvería as illas? ¿A Cabo Verde?
Sempre pensei que a comunidade caboverdiana sería quen de atopar a Natercia
Cando eu vivín en Lisboa había lugares comúns onde localizar á xente
¿Ninguén pode darlle un aviso a Natercia?
Decía un grande escritor, Giovanni Papini: "Si me desmonto pedaço a pedaço encontro esto da miña nai, esto do meu primeiro profesor, esto
daquela namorada, esto do meu mellor amigo..."
Papini quere decirmos que cada un de nós está formado por cousas que se nos foron pegando durante a vida e que terminan sendo parte de nós mesmos. Desde crianças recibimos mensaxes, sensacións, estímulos que nos forman e conforman. Nós somos nós mais todos aqueles que nos rodean
Natercia é a miña amiga
Eu síntome un bocadiño Natercia

Vou coller ferias
Vou ver amigos
Quixera atopar a Natercia
Si algún dos que leedes este correo podedes facer algo por axudarme
vo lo agradecerei sempre

No meu último libro de poemas publicado escribiín;
"chove sobre o río
ti mais o can co cabelo mollado
ti, a túa guitarra e as vellas baladas
sempre Joan Baez nun recanto

seguramente fermosa
baixo o chapeu
coas roupas usadas de longas viaxes

a estampa é triste
ó pé da varanda
ti, a cor precisa
nun día gris
un soño gris
camelia roxa"

Non é máis que un canto o amor e a desesperanza
ás veces van xuntas
algo fermoso e o tempo triste

Síntome triste e escribo poemas tristes

Busco a Natercia
axudarme

Buscar
procurar
A vida é unha viaxe na que procuramos a alguén ou algo
Canto máis nos achegamos o fin máis queremos atopar as persoas ou as cousas familiares, cousas que nos din que aínda estamos vivos
Eu síntome vivo porque ti estás aí, porque podo falar contigo, tocarte
Teño moi enferma a miña nai
Sei que vai morrer axiña
Daquela sei que vou sentirme máis só
Mentre somos fillos sentimos o fin máis lonxe
A morte da miña nai me achegará moito máis o fin
Sei que pensa que non pasará deste inverno
Que non volverá a ver as árbores frorecer en primavera
Non o di pero eu sei que o pensa
¿Volveremos nós a ver a próxima primavera?
¿Eu?
Por si eso pasa quixera despedirme dos amigos
Procuro a Natercia
¿Podédesme axudar?

Pintaba
Vivía moi preto do castelo de San Jorge
Pintaba
Os días tristeiros, agrisallados pintaba temas tristes
Os días de luz motivos con moita cor
Ela comenzou a pintar
Non tiña experiencia pero si moita sensibilidade
Gustaba de temas alegres
Igual que ela
O noso estado de ánimo refrexado en un cadro
Poderíase facer un estudo psicóloxico do pintor
Cómo nos atopamos segundo o que pintamos
Lémbrome de Lisboa
Pero non de calquera Lisboa
Lémbrome de Lisboa con amigos
Cómo cantaba aquel caboverdiano os fins de semana
Cómo bailaba a xente no Katanga
De Natercia

Preparo viaxe a Lisboa para preparar a exposición de pintura
Aínda non teño ningunha mensaxe de Natercia
¿Ninguén a coñece?
¿Ninguén coñece ónde podería procurala?
Gostaría encontrar a alguén de Cabo Verde, ¿alguén quere poñerse en contacto conmigo?
Agardo algunha resposta

Non coñecía a minguén en Lisboa
entrei nunha cafetería
a jantar
a camareira que me atendeu víume só
falóume
así comenzou unha fermosa amizade
con Natercia
Quixera convidala a miña casa
xunto a miña nai e os meus
foi quen mellor me tratou en Portugal
Procuro a Natercia

Lémbrome de xente caboverdina en Lisboa
O maravillosamente ben que cociñaban
Bailaban
Cantaban
Lémbrome de Bana e de Tito París
Antes de traballar en Lisboa descoñecía a música de Cabo Verde
Agora teño bastantes discos
Algúns de grupos moi novos
Xa o dixen que quería coñecer Cabo Verde
Podería ocorrir que Natercia volvese o seu país
Non sei
Pido axuda
Por se algún de vos pode transmitir o meu pedido de que procuro a Natercia, obrigado.

Coñecín a Natercia
¿Ou non?
¿Sería tudo un soño?
Eu non puiden inventar o seu nome
Nen a súa face
Maneira de ser
Historia
En algún sitio debe estar
Ninguén desaparece sen deixar pegada
Está
Sei que existe
Que vive
En Lisboa
Presintoo
¿Alguén coñece algunha Natercia?

Escribo
Libros de poemas
Teño entre as miñas mans o último libro
Acaban de darmo
Trata sobre a memoria dun amigo que xa non está
Mariño
Pero fundamentalmente un bo amigo
Lémbrome que unha vez pensamos dar a volta o mundo nun veleiro
Deixar tudo e durante dois anos navegar sen mais
Sinto a perda do grande amigo
"na ponte alta
da maxistral
envolto nos ventos
meu amigo vai
Morreu cara o mar"
É duro recoñecer que temos unha data de caducidade
Que pasa o tempo e tudo pasa
Que chega o fin
Non temo a morte
Si a marcha do amigo
Que xa non está
Non podo falar con el
Fumar xuntos na cachimba
Quero recuperar amigos de vello
Quero recuperar a Natercia

Nun dos meus libros de poemas escribín:
"intúo
que tralas ondas
está ela
esaoutra
ti
tal vez
de novo e sempre
na liña horizonte"
É unha maneira de dicir que é seguro que estás aínda que sexa longe
Non consigo ningunha resposta
Non sei si é que naide pode axudarme
Non sei
¿Pode contestarme alguén de Cabo Verde que viva en Lisboa?
Aínda que non coñeza a Natercia gostaríame que alguén respostase
Beizos

Natercia
Lémbrome dela cando acordam os pombos
O mencer
Entón podo ver os seus ollos
Logo
Vaíseme borrando o seu rostro
¿Vivirá mais aló deste mundo?
Mírame como se o fixera de mui longe
De outra dimensión
Non quisera coñecer a nova da súa morte
Prefiro vivir coa esperanza de vela algún día
Aínda que ese día non chegue nunca
¿Alguén pode dicirme algo de Natercia Viva?

Estou alarmado e descontento co mundo que vivo
Non vivo mal
Non
Se callar son un privilixiado
Pero síntome axfixiado
Polo barullo o meu redor
Porque a xente xúlgate polo que tes e non polo que eres
Pola sociedade de consumo
Mírome o espello e non me recoñezo
Que absurdo
¿Qué fago eu cunha camisa de marca?
¿Por qué ten que ser importante que leve un cocodrilo no peto?
¿Por qué esa etiqueta, horrorosa, dos meu pantalóns vaqueiros?
Sei que demorei moito en chegar aquí
Sei que debín rachar esta vida moito antes
Mudar
Dicir ¡Basta!
Acobíllome nos amigos
Eles tamén me aconsellan ¡decídete! ¡Dálle unha patada no cu ó mundo!
¿Fuxir?
Quizais debera comezar a última fase da miña vida longe
Átanme os meus amigos
Non sei si outros puideran sustituir os que teño
Ás veces teño a necesidade de elos
Moncho, Tone, Lin, Ventura, Francisco, Carola, Loli...
Natercia...
¿Onde estará ?
Estou rematando un romance
Non sei si procederá sacalo aquí
Para que o coñoza a xente
Non sei
Se cadra sería unha boa terapia
¿Alguén pode aconsellarme?

Non sei si a alguén pode interesarle o que eu diga neste foro
Ninguén resposta
Gustaría coñocer o que pensa a xente
A xente caboverdiana
Xa o dixen algunha vez que cando eu vivía en Lisboa portáronse moito ben conmigo En medio dunha sociedade hipócrita eles déronme amistade, algo moi importante cando se chega a un país onde non se coñece a ninguén
Eu tamén son dun país emigrante como a xente de algún día deixou Cabo Verde en procura de vida. Historicamente Galicia e muitos dos seus fillos tiveron que emigrar, primeiro a América e logo a Europa
Na miña familia como a de outros muitos houbo emigrantes, a Cuba, Venezuela e Estados Unidos
Lémbrome de aquela etapa agora cando nesta terra chegan xentes doutros sitios do mundo, como os caboverdianos asentados na vila mariñeira de Burela
Non sei si existe algunha colonia na cidade de Vigo que é a máis grande de Galicia. Si así fose gustaríame saber.
Natercia chegou a Portugal cun fillo e con muita ilusión.
Agardo saber de ela algún día
Gostaría que alguén caboverdiano me escribira

Sigo a espera de que alguén poda dicirme algo de Natercia
Vivía en Moscavide
Non sei si estará casada
Tanto me ten
Quixera convidala a ela e o seu home, si está casada, a miña casa
Seguramente lle gustaría
Imaxino que será difícil atopala en Lisboa entre muita xente caboverdiana
Ela era da capital
Unha extraordinaria persoa
Así o pensan tamén os meus fillos que a coñeceron
Onte déronme a mala nova da morte dun amigo
É duro pensar que alguén que viviu contigo pode morrer
Que tudo remata así
¡Non pode ser!
Non teño medo da morte
É inevitable
Pero é absurdo
Nacer para morrer
É irracional
Estúpido
Ós meus amigos non
Procuro a Natercia en Lisboa
Preciso axuda para atopala

Dun gran poeta,Luis García Montero,estos versos;
"Se descalzan los días
para pasar de largo sin que nos demos cuenta.
Son casi despedidas, casi encuentros
-felices pero incómodos-
de cuerpos que se miran
y que aplazan la cita"
Por ser inconformista
quizais un bocadiño ansioso
rexeito o día a día sen proveito
A vida non é mais nada que un pasar de momentos
os que deixamos atrás non contan
son follas de outono
lembranzas
historias
nosas
pasado
Compre vivir o momento
iste momento
agora
o instante é xa
no que ti les isto
quero vivir hoxe
Procuro a Natercia

Chega o Outono
a vida é unha sucesión de estacións
de outonos
e caénos a pel
como as follas
sentímonos máis débiles
porque outra parte da nosa enerxía ficou atrás
Un outono máis
e un menos
para chegar
¿onde?
iso quixera saber
outra dimensión
outra estación
O ano debera comezar no outono
para logo ir subindo
chanzo a chanzo
ata o espléndido verán
no que a vida é lixeira
a espera dun novo outono
e volta a comezar
¿cando rematará ista roda?
¿alguén o sabe?
Mentras
vivimos
Quixera atopar unha amiga
procuro a Natercia
¿alguén pode darme algunha nova dela?

Monday, monday
luns
segunda feira
chamámoslle dun xeito diferente
segundo a latitude
mais é o mesmo
día de comezo
¿qué pasará ista semana?
¿no mundo?
¿na miña vida?
¿Qué é unha semana no contexto do espazo-tempo?
¿Qué significo eu entre millóns de seres vivos?
¿Qué reprensentará a miña falta para a humanidade?
NADA
Ista é a resultante
A miña vida, a miña perda non é nada
O mundo seguirá igual
E outro Monday, luns, segunda feira
Vivamos o día
Vivamos a semana
mentres podamos
Procuro a Natercia

Chove
Chove a mares
Gosto da chuva
Son un home de chuva
Limpa
Leva cousas
Lava a pel e os instintos
Imaxínome espido baixo a chuva
Torrenteiras de auga sobre min
Ata deixarme orixinalmente limpo
Comezar de cero
Ser outro eu
De novo
Amigos
Dexéxovos a todos
Un bo comezo de ano
Dende o outono
Todos limpos
Todos comezando outra vida
Saúde
¿Podedes axudarme procurando a Natercia?

Onte era feriado en España
Os que vivimos preto de Portugal invadimos Lusitania
Un fermoso día na costa
Fermosa costa a do norte de Portugal
Brava
Lonxe das praias domesticadas do Algarve
¿Por qué lle chaman Brava a unha das illas de Cabo Verde?
Natercia dixérame que era unha illa diferente
Volcánica como as outras pero diferente
Verde
Menos turística pero máis natural
Algún día coñecerei Cabo Verde
E seguro que irei a Brava
Mentres
Sigo esperando que alguén, quizais algún de vos me digades algo de Natercia

Procurar a alguén é desacougante
Non saber si vive ou non
Pásame a min con Natercia
Quixera pensar que lle foi ben
En Portugal ou que volveu para Cabo Verde
Os amigos son parte de nós
As súas alegrías son as nosas
Se algún se perde perdemos algo propio
Non quixera perder amigos
E aqueles que hai tempo non o vexo quixera recuperalos
Por iso
Procuro a Natercia
¿Alguén sabe algo dela?

É triste escribir, mandar mensaxes e non recibir respostas.
Será que ninguén se interesa.
Ou que non poden axudar.
Pensei que sería máis fácil encontrar a alguén na comunidade caboverdiana de Lisboa.
A Natercia.

Comeza o outono
Chove
Por riba de nós
Tamén por dentro
Choven recordos
Amigos/as
Algúns lonxe
Outros para sempre lonxe
Poucas coisas hai tan alegres como dar con un amigo/a logo de anos de separación
É como unha transfusión
De sangue nova De vitalidade
Recordos en clave positiva
Aquelo que fixemos xuntos Que vivimos
Entre os amigos perdidos polos anos procuro a Natercia

Hoxe tiven un soño
Soñei que soñaba con outros tempos pasados
Un gran número de amigos todos xuntos
Tiñan a cara de agora co corpo de antes
Como se os corpos de novos lles pegasen os rostros de agora
Case que todos
Porque algúns deles mantiñan a cara de anos atrás que coincidían con aqueles que hai tempo que non os vexo
Entre eles algún morto e algúns que non sei por onde andan
Tambén Natercia que a vexo arrolando o seu fillo en Lisboa
Gostaríame volver a vela


Arriba
 Perfil  
 
 Asunto:
NotaPublicado: Lun Jul 06, 2009 3:11 pm 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: Mié Oct 26, 2005 1:57 am
Mensajes: 651
Ubicación: España
Susú, no hace falta que habras tantos temas, en el primero utiliza la opción "editar"; es el lápiz y el papel, simbolo encima de la escritura.
Suerte

Home de ferro


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 2 mensajes ] 


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 2 invitados


No puedes abrir nuevos temas en este Foro
No puedes responder a temas en este Foro
No puedes editar tus mensajes en este Foro
No puedes borrar tus mensajes en este Foro
No puedes enviar adjuntos en este Foro

Buscar:
Saltar a: